Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Podcast SONUVigo

Información xeral

26-11-2024 ata: 26-11-2025

Presentámosvos SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais protagonizado pola comunidade universitaria.

Este primeiro episodio inclúe reportaxes coa recentemente nomeada doutora honoris causa pola UVigo e expresidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas; co catedrático e investigador do Cintecx, Pedro Arias, recente gañador da medalla Isidro Parga Pondal da Real Academia Galega de Ciencias; e co alumnado, profesorado e responsables do Programa para o Emprego e a Vida Autónoma, impartido en Vigo e en Ourense.

Ademais de coñecer a experiencia de estudantes da UVigo que cursan parte das súas titulacións en Turquía e en Estados Unidos, neste episodio tamén se repasa o máis destacado da axenda cultural e deportiva, así como o traballo desenvolvido por estudantes da Facultade de Comunicación para a creación da serie web Dúas señoras.