Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

NOVA Instrución para a presentación de propostas de docencia en lingua estranxeira en graos con implantación no curso 2025-2026

Internacionalización

12-11-2024 ata: 26-11-2024

Bo día,

Comunicamos que hoxe, 12 de novembro, publicouse no taboleiro electrónico a Instrución da vicerreitoría de Internacionalización para a presentación de propostas de docencia en lingua estranxeira en graos con implantación no curso 2025-2026, previstas no Regulamento para a docencia en lingua estranxeira en centros da Universidade de Vigo (ReDLE).

Esta instrución substitúe á publicada o 6 de novembro.

As propostas deberán axustarse aos modelos recollidos nos Anexos I e II da instrución e serán remitidas polos centros á vicerreitoría de Internacionalización a través da Sede Electrónica. Os modelos, en versión editable, están dispoñibles nesta ligazón (web da PDA).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2024.