Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión formativa en liña Aranzadi Instituciones

Biblioteca

06-11-2024 ata: 13-11-2024

O vindeiro martes 12 de novembro terá lugar unha sesión formativa en liña sobre o portal de contidos xurídicos Aranzadi Instituciones.

Aranzadi Instituciones é un portal que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, documentación administrativa, convenios colectivos, formularios etc.

Data e hora da formación

  • Día: 12 de novembro
  • Hora: 13:00-14:00 horas (60 minutos)
  • Impartido por: persoal formador de Aranzadi
  • Acceso libre sen necesidade de inscrición previa: Ligazón para a reunión en Teams.

Id. de reunión: 351 788 758 963 / Código de acceso: FAaBKk

A sesión vai ser gravada; proporcionaremos acceso á gravación para todas as persoas que non poidan asistir en directo.

Contido

  1. Presentación dos 4 sistemas de busca con exemplos prácticos: busca global e asistida, buscador por tipo de documento, xurisprudencia sobre unha norma e tesauro.
  2. Presentación da vista dos resultados de procura: filtrar, acoutar, exportar. 
  3. Guía de navegación e como desfacer filtros na navegación de resultados.
  4. Visualización da análise dun documento de lexislación: a nivel de norma e a nivel de artigo, comparador de versións.
  5. Visualización da análise dun documento de xurisprudencia: historia do caso, sentenzas a favor, en contra, normativa considerada e voces.

Despois da sesión, as persoas participantes poderán solicitarlle a Aranzadi un certificado de asistencia enviando unha mensaxe cos datos persoais ao correo formacion-cac@aranzadilaley.es.

Para máis información:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo