Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Prezado PDI:
Lembramos que a convocatoria de mobilidade (aquí) ao abeiro do Programa Erasmus+ KA171 (ICM), para a realización de actividades de docencia e/ou formación está aberta ata o 31 de outubro.
Por outra banda, informamos de que as gravacións das xornadas informativas celebradas na semana do 14 ao 18 de outubro (#ErasmusDays) xa están dispoñibles:
- Estudantado: información xeral sobre programas de mobilidade
- Universidade Europea ATHENA
- UOrléans (Francia)
- VilniusTech (Lituania)
- Hellenic Mediterranean Unviersity (Grecia)
- Máster conjunto Erasmus Mundus EMINENT
- Mobilidade Erasmus+ KA131 para PDI
- Mobilidade Erasmus+ Ka171 para PDI: convocatoria aberta ata o 31 de outubro de 2024
- Redacción de proposta de proxecto convocatoria Erasmus+ Ka171 para PDI. As persoas interesadas deberán remitir a súa proposta á ORI durante o mes de decembro. Para solicitar as “fichas do proxecto”, deberán remitir un correo a: erasmusicm@uvigo.gal
- Erasmus+ BIP: As persoas interesadas deberán comunicar o seu interese de coordinación dun BIP á ORI ata o 15 de xaneiro de 2025 a través do correo: welcome@uvigo.gal
Para a solicitude de presentacións ou consultas, poderán escribir un correo a: erasmusicm@uvigo.gal
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587