Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións de formación en liña do "Itinerario formativo CINAHL" (novembro de 2024)

Biblioteca

30-10-2024 ata: 29-11-2024

Entre o 6 e o 28 de novembro de 2024 terán lugar cinco sesións en liña do Itinerario formativo CINAHL, organizadas por EBSCO e impartidas por Yojhana Amorim. Estas sesións están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

CINAHL é unha base de datos bibliográfica especializada en enfermaría e outras disciplinas relacionadas coas ciencias da saúde. Ofrece a cobertura completa das publicacións da "National League for Nursing" e a "American Nurses Association".

Sesións formativas

CINAHL básico: fuentes de información científica en el área de enfermería y otras áreas de la salud. Mércores 6 de novembro de 13:30 a 14:30 horas. Inscrición.

CINAHL avanzado: uso de bases de datos cobre salud y enfermería en la investigación científica. Martes 12 de novembro de 13:00 a 14:00 horas. Inscrición.

CINAHL: ejecutar la estrategia de búsqueda PICO. Luns 18 de novembro de 13:30 a 14:30 horas. Inscrición.

CINAHL y Medline: consultas clínicas (Clinical Queries). Martes 26 de novembro de 14:00 a 14:30 horas. Inscrición.

CINALH: cómo encontrar y valorar la evidencia en los registros. Xoves 28 de novembro de 16:00 a 16:30 horas. Inscrición.


Para poder asistir ás sesións cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración da ferramenta Zoom no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo