Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
DECLARACIÓNS DE INTERESE MODIFICACIÓN/VERIFICACIÓN TÍTULOS CURSO 26-27
Información xeral
29-10-2024 ata: 08-11-2024Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2026-2027 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2026/2027 (aprobado no Consello de Goberno do 27/09/2024).
Comunícase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese dos seguintes títulos de máster:
NOVAS PROPOSTAS (VERIFICACIÓNS):
- Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía en Nanomateriales e Biomedicina
- Máster Universitario en Deseño e Fabricación na Industria Conectada e Intelixente
- Máster Universitario en Innovative Solutions in Geomatics
- Máster Universitario en Políticas de Seguridade e Sistema Penal
- Máster Universitario en Traballo Social
- Máster Universitario en Vehículos Autónomos
- Máster Universitario en Viticultura e Enoloxía
MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS:
- Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
- Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica
- Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
- Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
- Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
MODIFICACIÓNS NON SUBSTANCIAIS:
- Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
- Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
- Máster Universitario en Comercio Internacional
- Máster Universitario en Dirección de Pymes
- Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
- Máster Universitario en Economía
- Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
As declaracións de interese poden consultarse na páxina web:
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
seleccionando no curso 2026/2027 titulación de grao, máster ou doutoramento segundo corresponda.
Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:
Tlf.: 986 130 283
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950