Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Declaracións de interese modificación/verificación títulos curso 26-27

Información xeral

29-10-2024 ata: 08-11-2024

Como parte do procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións para o curso 2026-2027 indicado no Procedemento e calendario para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2026/2027 

Comunícase que está colgada na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese de novas propostas ou modificacións dos seguintes títulos:

Modificacións non substanciais

  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Enxeñaría Aeroespacial
  • Grao en Economía
  • Grao en Educación Infantil
  • Grao en Educación Primaria
  • Grao en Tradución e Interpretación
  • Grao en Xeografía e Historia

Modificacións substanciais

  • Grao en Bioloxía
  • Grao en Intelixencia Artificial
  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas
  • Grao en Relacións Internacionais

Novo Grao

  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Navais para a Defensa

Novos PCEOs 

  • PCEO Grao en Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencias Ambientais
  • PCEO Grao en Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

 

Pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando TITULACIÓNS DE GRADO dentro do epígrafe “Información do curso 2026/2027"

 

Servizo de Xestión de Estudos de Grao

e-mail: verifica.grao@uvigo.gal

Tlf: 986812287