Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

iniciación ao Pickleball

Deporte e benestar

08-11-2024 ata: 30-11-2024

O Pickleball é un deporte de raqueta en espazo reducido que combina elementos do Tenis, Bádminton e Tenis de Mesa.

É moi doado de practicar e a súa rápida aceptación está logrando ser cada vez máis practicado en Europa.

O éxito deste deporte reside en que é un xogo fácil de aprender, entretido e que se pode practicar por persoas de diferentes idades e condicións físicas.

Datas: venres 8/15/22/30 de novembro de 2024.

Horario: de 15.00 a 16.00 h.

Lugar: pistas de tenis contiguas ao pavillón universitario.

Inscricións (actividade gratuÍta)

- campusactivo.uvigo.gal

-  ata o mércores anterior a cada xornada ás 23:59 horas.