Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario en liña "IEEE Authorship and Open Acces Simposium"

Biblioteca

22-10-2024 ata: 25-10-2024

O Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) organiza o xoves 24 de outubro de 2024 un seminario en liña, “IEEE Authorship and Open Access Symposium”, que ofrecerá consellos e boas prácticas sobre o proceso de publicación en IEEE.

Temas

  • Como aumentar a visibilidade e o impacto da investigación
  • Consellos para mellorar as posibilidades de publicación
  • Que buscan os editores e os revisores
  • Razóns comúns polas que se rexeitan os artigos
  • Actualizacións sobre pautas para o uso de texto xerado por IA
  • Sinais para evitar revistas depredadoras
  • Opcións de acceso aberto en IEEE

Detalles da sesión

Data: 24 de outubro de 2024
Hora: 3:30 p.m. CET
Duración: 90 minutos
Idioma: Inglés
Inscrición

A sesión será gravada e enviarase por correo electrónico ás persoas rexistradas. 

Para calquera dúbida diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo