Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Financiamento 2025 proxectos internacionais e sesion informativa 23 e 24 de outubro Union Europea Erasmus+ World Wide Webinar

Información ao PDI

21-10-2024 ata: 21-10-2025
Prezado PDI:
 
Desde a Oficina de Proxectos Internacionais informámoslles que a Unión Europea organiza esta semana as seguintes xornadas informativas que abordarán as novidades da próxima convocatoria Erasmus+ 2025 e do novo financiamento de proxectos 2025. Este evento Erasmus+ World Wide Webinar 2024 que terá lugar os días 22 e 23 de outubro  será en liña e aberto a través da seguinte ligazón: Erasmus+ World Wide Webinar 2024 - Erasmus+ (europa.eu)
Sesión do 23 de outubro: proxectos de programas de mestrado conxunto Erasmus Mundus; proxectos construindo capacidades na educación superior (Capacity Building for Higher Education); accións Jean Monnet.
Sesión do 24 de outubro: proxectos construindo capacidades na formación profesional e ao longo da vida (Capacity Building for Vocational Education and Training); proxectos construindo capacidades para a mocidade (Capacity Building for Youth).
 
A Unión Europea ven de publicar a versión actualizada do Programa de Traballo Anual 2025 para a execución de proxectos internacionais Erasmus+ coas diversas liñas de financiamiento europeo e novidades para o 2025. Poden consultalo aquí. Tamén esta información está dispoñible na páxina web da OPI, sección Programas de financiamento internacional – OPI (uvigo.gal)
Achegamos un resumo das principais liñas de financiamento incluidas no Programa de Traballo Anual Erasmus+  2025:
 
ACCIÓN CLAVE 2 (KA2):
- Partnerships for Cooperation: Cooperation Partnerships in the field of education and training (orzamento previsto en 2025: 73 000 000 €); Cooperation Partnerships in the field of youth; Cooperation Partnerships in the field of sports (orzamento previsto: 40 200 000 €). 
- Partnerships for Excellence:
    1. European Universities – European Degree exploratory action. Orzamento previsto: 14 000 000 €.
    2. Erasmus Mundus action e Erasmus Mundus Joint Masters. Orzamento previsto: 152 500 000 €.
    3. Centres of Vocational Excellence (CoVE). Orzamento previsto: 60 000 000 €.
    4. Erasmus+ Teacher Academies. Orzamento previsto: 25 500 000 €.
    5. Partnerships for Innovation (orzamento previsto: 62 000 000 €): Alliances for Education and Enterprises; Alliances for Sectoral Cooperation on Skills.
    6. Partnerships for Innovation: Forward-Looking Projects in the field of School Education, Vocational Education and Training, Adult learning, Digital education, con 8 prioridades, destacando a novidade de: Priority 7: Digital education: Ethical and effective use of generative Artificial Intelligence systems in education and training. Forward-Looking Projects in the field of Higher Education (orzamento previsto: 8 000 000 €): Topic 1: European Degree Pathway Projects (7M EUR).Topic 2 (novidade): Leadership Development programme for higher education institutions’ leaders (1M EUR).
    7. Capacity Building: Capacity Building in the field of Higher Education (orzamento previsto: 107 000 000 €). Capacity Building in the field of Vocational Education and Training. Capacity Building in the field of Youth. Capacity Building in the field of Sports.
ACCIÓN CLAVE 3 (KA3):
a)   Training and Cooperation activities in the field of education and training.
b)   International Civic and Citizenship Education Study (ICCS).
c)   Civil Society Cooperation: Education and Training.
d)   European Degree policy lab and European Degree Forum.
e)   Education for Climate Coalition.
 
JEAN MONNET ACTIONS
  1. Jean Monnet in the field of Higher Education: Modules, Chairs and Centres of Excellence.
  2. Jean Monnet actions for other fields of education and training.
  3. Jean Monnet policy debate:
    1. Large thematic Networks in Higher Education: Jean Monnet Network on internal policy; Jean Monnet Network on external policy (EU-North America)
    2. Jean Monnet Networks in other fields of education and training
SPORTS
  1. Small-scale partnerships.
  2. Not-for-profit European sport events.
  3. KA2 Partnerships for Cooperation in the field of Sports.
  4. Capacity Building in the field of Sports.
16/12/2024, 09.30 h. É preciso o rexistro previo.
 
Entre as novas prioridades destacan:
- Prioridades aplicables a todos os sectores: inclusión e diversidade; medio ambiente e loita contra o cambio climático; a transformación dixital mediante o desenvolvemento da preparación, resiliencia e capacidade dixital; os valores comúns, compromiso cívico e participación.
 
- Prioridades no ámbito da educación superior: estimular prácticas innovadoras de aprendizaxe e ensinanza; apoiar ás capacidades dixitais e verdes do sector da educación superior; apoiar a innovación e as habilidades emprendedoras do alumnado; desenvolver un enfoque STEAM na educación superior e fomentar a participación das mulleres en STEM; recompensar a excelencia na aprendizaxe, o ensino e o desenvolvemento de habilidades; construír sistemas de educación superior inclusivos; promover sistemas de educación superior interconectados; apoiar ás institucións de educación superior na súa cooperación con homólogos ucraínos para responder á guerra en Ucraína.
 
Esta información está tamén dispoñible na web da OPI (Área de Educación), onde realízanse actualizacións constantes de convocatorias, eventos, sesións informativas e outras novidades de interese.
 
Para o PDI UVigo que desexe participar nalgunha destas convocatorias, o equipo da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI), área educativa, atópase dispoñible para brindarlles todo o respaldo e orientación necesarios. Alentámolos a que se comuniquen connosco ante calquera pregunta ou dubida que poidan ter a través deste enderezo electrónico dir.edu.opi@uvigo.gal.
 
Un saúdo moi cordial,
 
Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo.