Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Campaña vacinación antigripal 2024

Prevención de riscos laborais

21-10-2024 ata: 30-10-2024

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais, en colaboración co Servizo de Prevención Alleo (CUALTIS), organiza a campaña de vacinación antigripal 2024 dirixida ao persoal traballador da Universidade de Vigo.

Se está vostede interesado/a en vacinarse deberá encher o formulario que atopará accedendo á Secretaría Virtual no botón de "Formularios e Enquisas"- "Privadas" Solicitude de vacinación antigripal 2024. O prazo para solicitar a vacina remata o 30 de outubro de 2024.

Lembramos que esta vacinación vai dirixida a uns grupos de poboación diana cuxa descrición pode atopar na "Instrución campaña vacinación antigripal 2024" do SERGAS. A incorporación dos grupos da poboación diana será secuencial: 

A partir do 11 de novembro

  • Persoas de 60 e máis anos
  • Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco (definidas na instrución)
  • Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto, se non foron vacinadas anteriormente

A partir do 18 de novembro

  • Persoas que conviven no fogar con outras que pertencen a algún dos grupos de alto risco
  • Resto da poboación diana: persoas fumadoras, persoas con enfermidade celíaca e persoas con fístula de líquido cafalorraquídeo e implante coclear o espera deste.

Vixilancia da Saúde comezará a citar unha vez recibidas as doses.

Nota: Vixilancia da Saúde non está autorizada para administrar a vacina contra a COVID 19.