Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formación de InCites para o persoal investigador

Biblioteca

15-10-2024 ata: 22-10-2024

O vindeiro luns 21 de outubro de 2024 vai ter lugar unha sesión de formación en liña, organizada e impartida por Clarivate, sobre Incites Benchmarking and Analytics. Esta sesión formativa está encadrada dentro dun curso composto por 4 sesións, que terán lugar durante o curso académico (unha por trimestre).

InCites é unha ferramenta bibliométrica que utiliza os datos de Web of Science (WOS) e Journal Citation Reports (JCR). Con Incites e a súa gama de indicadores, incluíndo indicadores normalizados, podemos comparar o impacto académico de varias institucións, revistas, investigadoras/es e grupos. A comunidade universitaria ten acceso a esta ferramenta por mor da subscrición da biblioteca a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).

Para acceder a InCites cómpre ter unha conta persoal en Web of Science (WOS). Se non a ten, pode creala desde WOS ou desde a páxina de rexistro de InCites, coa conta de correo da Universidade de Vigo.

Contido do primeiro curso

Mis primeiros pasos con InCites

  • Acceder a InCites coa subscrición institucional
  • Os datos de InCites: fonte, actualización e usos
  • Funcionalidades esenciais para a análise de datos

Data e hora da formación

Luns 21 de outubro, de 14:00 a 15:00 horas. Inscrición

Cómpre inscribirse usando o correo institucional e o nome completo, para a emisión do certificado de asistencia. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe. Clarivate enviará o certificado de asistencia por correo electrónico nun prazo máximo de 7 días sen que sexa necesario solicitalo. 

Esta sesión vai ser gravada, e en 24 horas publicarán o vídeo correspondente no portal de formación de Clarivate.

Para calquera dúbida diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo