Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A base de datos Aranzadi Instituciones cambia de url de acceso
Biblioteca
11-10-2024 ata: 31-12-2024A base de datos Aranzadi Instituciones cambia de plataforma e de url de acceso.
Aranzadi Instituciones é un portal que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, documentación administrativa, convenios colectivos, formularios etc. A comunidade universitaria ten acceso a este portal por mor da subscrición da biblioteca a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).
Desde hoxe, o acceso desde a páxina de recursos electrónicos da Biblioteca da Universidade de Vigo leva á nova plataforma. A partir do día 12 de outubro, a plataforma que viñamos utilizando ata agora estará deshabilitada, polo que é importante que as persoas que acceden habitualmente a Aranzadi Instituciones desde unha ligazón que teñan gardada actualicen esa ligazón.
Accedan a Aranzadi Instituciones, por favor, desde a páxina de recursos electrónicos da biblioteca. O acceso é directo se o dispositivo está conectado á rede da Universidade de Vigo. Se tratan de acceder desde fóra da rede da Universidade de Vigo, terán que identificarse como membros da comunidade universitaria.
Aranzadi ofrece cursos en liña para aprender a moverse na nova plataforma. Poden inscribirse desde esta páxina: https://attendee.gototraining.com/68fc0/catalog/5315118815087011840?tz=Europe/Berlin
Para calquera consulta ou dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal