Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o IV Concurso de vídeos "MÓVETE POLOS ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
O dito Concurso está aberto a vídeos de duración máxima dun 1 min en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.
Consulta os ODS e as súas metas premendo aquÍ.
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.
Os premios para os videos máis votados consistirán nunha dotación económica de:
1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €
2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €
Premio á innovación: 400 €
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ate o 8 de outubro de 2024.
Bases do concurso e formulario de solicitude:
https://www.udc.es/es/novas/Convocatoria-concurso-de-videos-Movete-polos-ODS-00001/
Máis información en:
direc.equidade@uvigo.es
- Cartel Concurso [5346.81 Kbytes]