Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Augaventura Outono 2024

Deporte e benestar

05-10-2024 ata: 31-10-2024

Augaventura outono 2024
 
Sete actividades, sete formas de mollarse.

Esta é a proposta, unha iniciativa inserida dentro da oferta deportiva do primeiro cuadrimestre.

As actividades comezarán o 5 de outubro e repiten as modalidades que xa se incluiran na edición de primavera do pasado curso académico. Deste xeito, as e os participantes poderán practicar flyboard, descenso de rápidos (rafting), surf, wakeboard, windsurf, mergullo e, ademais, realizarán unha ruta pola illa de San Simón que combina caiac, andaina e snorkel.  

As inscricións poderán realizarse a través do Campus Activo e están abertas ás e aos membros da comunidade universitaria, así como tamén persoas alleas á mesma, con prezos diferentes segundo a que grupo se pertenza ou se se está en posesión dun abono Muver ou non.

Toda a información, tarifas, público ao que vai destinado, etc, en: https://acortar.link/fltpQP