Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Introdución a Refworks básico en 45 minutos (18 de setembro)
Biblioteca
13-09-2024 ata: 19-09-2024O vindeiro mércores, 18 de setembro ás 13 h, terá lugar a sesión formativa en liña "Introducción a Refworks básico en 45 minutos", organizada por Clarivate.
RefWorks é un administrador persoal de referencias bibliográficas que facilita a recompilación de información e a creación automática de citas e bibliografías en traballos académicos nun estilo normalizado. A sesión de formación durará 45 minutos e está dirixida a alumnado, profesorado e persoal bibliotecario que queira coñecer esta ferramenta e iniciarse no seu uso.
Contido:
- Coñecer o propósito e o ciclo de investigación de RefWorks
- Importar referencias á conta de RefWorks
- Xestionar os resultados importados e organizalos en carpetas
- Xerar bibliografías e insertar citas cos complementos de Word e Google docs
Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta da Universidade de Vigo. Inscrición aquí.
As persoas que se inscriban, recibirán unha invitación coas instrucións para unirse ao seminario.
Para saber máis sobre Refworks e a xestión da bibliografía, consulta as nosas biblioguías:
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal