Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión de formación en liña "Integración de listas de reproducción y cuestionarios de JoVE en sus cursos" (12 de setembro)

Biblioteca

04-09-2024 ata: 13-09-2024

O vindeiro 12 de setembro o persoal de JoVE ofrece unha sesión formativa en liña sobre "Integración de listas de reproducción y cuestionarios de JoVE en sus cursos".

JoVE é unha plataforma con más de 18 000 vídeos educativos e de investigación dos ámbitos das ciencias experimentais e aplicadas, enxeñaría, ciencias da saúde, psicoloxía e administración de empresas. A comunidade universitaria ten acceso a esta ferramenta por mor da subscrición que xestiona a Biblioteca da Universidade de Vigo.

A sesión terá unha formación de entre 30 a 40 minutos, e está dirixida ao persoal docente e investigador interesado en utilizar JoVE na súa actividade docente

Data e hora da formación

Xoves 12 de setembro ás 12:30. Inscrición aquí

Contido

  • Como compartir os vídeos na aula virtual para que o alumnado acceda sen problemas desde calquera lugar.
  • Como crear e/ou editar listas de reprodución e cuestionarios relacionados coas materias.

Para acceder ao seminario cómpre rexistrarse. As persoas que o fagan recibirán por correo electrónico unha invitación para unirse á formación, e, no caso de non poderen asistir, recibirán igualmente a gravación da sesión. Ademais, as persoas que teñan asistido poderán solicitar un certificado enviándolle unha mensaxe a adrian.robles@jove.com.

Para saber máis sobre JoVE

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo