Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Publicación da Convocatoria de Proxectos Piloto de Innovación Docente en Facultades e Escolas da Universidade de Vigo 2024

Formación de Profesorado

02-09-2024 ata: 02-09-2024

Comunicámoslle que se publicou a Convocatoria de Proxectos Piloto de Innovación Docente en Facultades e Escolas da Universidade de Vigo 2024.

Esta convocatoria busca mellorar o ensino-aprendizaxe a través das seguintes liñas de actuación:

  1. Virtualización en Metaverso de actividades académicas e formativas dos centros da Universidade de Vigo.
    Os obxectivos de proxecto estarán directamente relacionados coas necesidades de virtualización que teña o centro en Metaverso.
    As solicitudes de virtualización non poderán superar os 12.500 € por centro.
  2. Implantación de metodoloxías activas como a aula invertida, aprendizaxe baseado en proxectos, casos prácticos, traballo colaborativo, docencia baseada nas tecnoloxías dixitais e comunicación...
    Os conceptos para solicitar a axuda serán directamente relacionados coas metodoloxías docentes a desenvolver: cursos de formación do profesorado do centro, conferencias, obradoiros, recursos educativos (software e hardware) para as actividades formativas...
    As solicitudes non poderán superar os 6.000 € por centro.
  3. Xeración de cursos de autoformación en formato MOOC para inserir a sostibilidade nas materias do currículo.
    As solicitudes non poderán superar os 3.000 € por centro.

O prazo para presentar solicitudes remata o día 13 de setembro ás 23.59 horas.

Pode atopar a convocatoria:

>   No taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=BED96D7A85F4833DD9516E7839F832CF?idtaskdata=39674130

>   No aplicativo Convocatorias: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1381