Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PAS: Concurso - oposición - Escala TEADI, subescala medios audiovisuais

Información xeral

26-07-2024

Bo día:

Hoxe publícase, no taboleiro de anuncios da sede electrónica, a resolución reitoral que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso  na escala técnica especialista de apoio á docencia e investigación, subescala medios audiovisuais.

  • Presentación documentación (base 8): do 29 de xullo ao 3 de setembro de 2024. 

  • O título académico pode acreditarse mediante o xustificante que se pode descargar da carpeta cidadá (https://carpetaciudadana.gob.es/carpeta/clave.htm), no apartado de títulos.