Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso "Alarma e evacuación" (Vigo- Campus)

Prevención de riscos laborais

24-07-2024 ata: 01-08-2024

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais comunica que está aberto o período de inscrición no curso de "Alarma e evacuación"- Vigo Campus, dirixido ao persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Esta edición impartirase na quenda de tarde.

O período de inscrición remata o vindeiro xoves 1 de agosto ás 23:59 h.

Bubela: SPRLAVI2400301- Alarma e evacuación (Vigo- tarde)