Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario web para autoras/es "How to publish in Oxford journals"

Biblioteca

18-07-2024 ata: 05-09-2024

A Biblioteca da Universidade de Vigo informa dos próximos seminarios web para autoras/es organizados por Oxford University Press (OUP), nos que se dará unha visión xeral sobre o proceso de publicación. Os seminarios celebraranse en liña mediante a plataforma Teams e terán unha duración aproximada dunha hora e media.

Contidos: características dun manuscrito, escoller as revistas adecuadas, seccións clave dun traballo de investigación, modelos de revisión por pares e moitos máis aspectos do proceso de publicación.

Inscrición e datas:

Instructions for authors- How to publish in Oxford journals.

29 de agosto de 2024, 11:00-12:30 horas

Instructions for authors- How to publish in Oxford journals.

4 de setembro de 2024, 11:00-12:30 horas

Máis información:

Acordo transformativo para publicar en aberto con Oxford University Press

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal