Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
PAS: Funcionarización PAS Laboral fixo (2ª convocatoria)
Información xeral
08-07-2024 ata: 15-07-2024O 8 de xullo de 2024 publícanse, no taboleiro de anuncios da sede electrónica:
- O acordo da comisión de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo coa relación de persoas que superaron os diferentes procesos.
- A resolución final dos procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias da Universidade de Vigo.
O prazo de presentación de documentación esténdese do 9 de xullo ao 22 de agosto de 2024.
- consultapas@uvigo.gal
- +34 986 813 762