Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisa directores/as e titores/as de teses de doutoramento 2024

Información ao PDI

01-07-2024 ata: 31-07-2024

Seguindo a programación aprobada na Comisión de Calidade da Escola Internacional de Doutoramento (Eido) sobre as actividades de medición da satisfacción para os programas de doutoramento, vaise poñer en marcha a avaliación da satisfacción do profesorado de doutoramento 2024.

 

Esta actividade, cunha frecuencia bienal, está destinada este ano ás persoas que dirixiron ou titorizaron teses de doutoramento nos cursos 2022/23 e 2023/24.

 

A avaliación desenvolverase a través dunha enquisa que estará dispoñible desde o día 1 ao 31 de xullo (ambos os dous incluídos). O cuestionario pode responderse en liña a través dunha aplicación informática de enquisas á que cada director e titor de tese de doutoramento poderá acceder a través dunha ligazón personalizada que recibirá de xeito automático por mensaxaría electrónica. Dito cuestionario foi adaptado para homoxeneizalo cos das outras dúas universidades do SUG.

 

A enquisa é anónima e confidencial. O acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario.

 

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse ao coordinador de calidade da Eido, a través do enderezo electrónico eido.subdir@uvigo.es no teléfono 986 813442.

 

Lembrámoslle que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a súa colaboración dun xeito sincero e responsable.

 

O director da Escola Internacional de Doutoramento,

Antonio Collazo Fernández