Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo Formación en liña Web of Science (2-4 de xullo de 2024)

Biblioteca

20-06-2024 ata: 05-07-2024

Entre o 2 e o 4 de xullo de 2024 terán lugar as tres primeiras sesións do II Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

Sesións de xullo

Martes 2 de xullo de 14:00 a 15:00 horas
Los documentos y autores altamente citados (nivel avanzado). Inscrición

Mércores 3 de xullo de 14:00 a 15:00 horas
Analizar las publicaciones de una institución con Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

Xoves 4 de xullo de 14:00 a 15:00 horas
Journal Citation Reports para los expertos (nivel avanzado). Inscrición

Para poder asistir ás sesións cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional. Non esqueza inscribirse cos datos persoais correctos, xa que os que utilice no rexistro serán os que aparecerán no certificado de asistencia.

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA 

Ao finalizar cada sesión recibirá unha enquisa de satisfacción e, cando finalice este ciclo de formación, recibirá no correo institucional o certificado de asistencia, que incluirá as formacións ás que teña asistido. Para recibir a enquisa e o certificado de asistencia, cómpre responder todas as cuestións formuladas en directo durante a sesión.

As presentacións e os vídeos estarán dispoñibles ao remate de cada sesión na web de FECYT.

Para máis información sobre os cursos, consulte esta páxina.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Teléfono 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo