Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recordatorio de Envío de Novos Títulos para Bibliografía Recomendada

Información ao PDI

18-06-2024 ata: 31-07-2024

Estimados/as profesores/as:

Poñémonos en contacto convosco para lembrarvos a importancia de enviarnos os títulos novos que ides recomendar nas bibliografías das vosas materias durante o curso 2024-2025.

Vosa colaboración é fundamental para garantir que os nosos estudantes dispoñan, desde o inicio do curso, dos materiais bibliográficos máis actualizados e pertinentes para a súa aprendizaxe.

Como enviar as solicitudes dos títulos novos?

Para enviar os títulos novos, por favor, completade o seguinte formulario: https://adquisicions.intranetdabiblio.es/bibliografia

Alternativamente, podedes enviar un correo electrónico a xsadqui@uvigo.gal, incluíndo a información do Grao, a Materia e o Curso no que ides recomendar o título.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo

Sección de Adquisicións

Tel. 986 813 846

xsadqui@uvigo.gal