Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Apertura de preinscrición no curso Xestión do módulo de traballo de fin de estudos de SIGMA (Campus dePontevedra)
Formación de Profesorado
04-06-2024 ata: 28-06-2024Comunicámoslle que o martes 4 de xuño ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Xestión do módulo de traballo de fin de estudos de SIGMA (Campus de Pontevedra) do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo.
O curso está organizado pola Vicexerencia de Coordinación Académica.
Trátase dun curso de 4 horas que se levará a cabo en modalidade presencial.
Calendario:
Desenvolverase o 11 de xullo de 10 a 14 horas.
Pode ler o programa do curso aquí.
Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”