Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PAS: Concurso - oposición Escala TEADI - Química: resolución final.

Información xeral

30-05-2024

Bo día:

Hoxe publícase, no taboleiro de anuncios da sede electrónica, a resolución reitoral que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala técnica especialista de apoio á docencia e investigación, subescala Química, convocado por Resolución do 1 de decembro de 2022. 

  • Presentación documentación (base 8.1): do 31 de maio ao 20 de xuño de 2024. 

  • O título académico pode acreditarse mediante o xustificante que se pode descargar da carpeta cidadá (https://carpetaciudadana.gob.es/carpeta/clave.htm), no apartado de títulos.