Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Xestión de prácticas académicas externas: ferramentas e normativas (Campus de Ourense)

Formación de Profesorado

27-05-2024 ata: 07-06-2024

Comunicámoslle que o luns 27 de maio ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición para o curso Xestión de prácticas académicas externas: ferramentas e normativas do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo.

O curso está organizado pola Área de Emprego e Emprendimento (Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade).

Trátase dun curso de 8 horas ao que se pode asistir de xeito virtual síncrono ou presencial (Campus de Ourense). Para desenvolverse de xeito presencial é preciso que haxa un mínimo de 15 persoas preinscritas con interese de participar nesta modalidade.

Calendario:
Desenvolverase o 13 de xuño de 9 a 14 horas. Terá 3 horas de traballo individual.

Pode ler o programa do curso aquí

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.