Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
I Ciclo Formación en liña Web of Science (3-5 de xuño de 2024)
Biblioteca
24-05-2024 ata: 06-06-2024Entre o 3 e o 5 de xuño de 2024 terán lugar tres sesións do I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.
Sesións de xuño
Luns 3 de xuño de 14:00 a 15:00 horas
Las revistas de la Colección Principal de Web of Science (nivel básico). Inscrición
Martes 4 de xuño de 14:00 a 15:00 horas
El significado del factor de impacto y otras métricas en JCR (nivel básico). Inscrición
Mércoles 5 de xuño de 14:00 a 15:00 horas
Leer el perfil de una revista en Journal Citation Reports (nivel avanzado). Inscrición
Para poder asistir ás sesións cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional. Non esqueza inscribirse cos datos persoais correctos, xa que os que utilice no rexistro serán os que aparecerán no certificado de asistencia.
As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.
CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Ao finalizar cada sesión recibirá unha enquisa de satisfacción e, cando finalice este ciclo de formación, recibirá no correo institucional o certificado de asistencia que incluirá as formacións ás que teña asistido. Para recibir a enquisa e o certificado de asistencia, cómpre responder todas as cuestións formuladas en directo durante a sesión.
As presentacións e os vídeos estarán dispoñibles ao remate de cada sesión na web de FECYT.
Para máis información sobre os cursos, consulte esta páxina.
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal