Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Bolsas de prácticas de asuntos europeos en Bruxelas - FGE

Bolsas e axudas

21-05-2024 ata: 17-06-2024

Bos días,  

 

Dende a Fundación Galicia Europa temos o pracer de comunicarlles que xa está aberto o prazo de solicitude da nova edición do noso programa anual de formación sobre a Unión Europea.  Ofertamos catro bolsas para a realización de prácticas de 11 meses na nosa oficina de Bruxelas:

 

  • Dúas bolsas de formación xeral en asuntos europeos para titulados universitarios, para as que son preferentes aqueles en posesión dun grao en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Economía, Ciencias Políticas e da Administración ou Relacións Internacionais.
  • Unha de comunicación das políticas comunitarias para titulados universitarios de Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
  • Unha de secretariado e apoio administrativo para técnicos superiores de Formación Profesional na familia de Administración e Xestión.

 

O prazo para que os interesados presenten as súas candidaturas estará aberto ata o luns día 17 de xuño e as solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica da Xunta. Aquí poden atopar as bases, nas que se explican tanto o proceso como os requisitos.  

 

Agardamos que poidan difundir esta nova convocatoria das nosas bolsas entre o seu alumnado, por se a oportunidade fose do seu interese. Para iso, achegámoslles a través deste correo unha serie de materiais con información sobre as bolsas e sobre os requisitos para solicitalas, que poden utilizar como coiden axeitado.  

 

Un saúdo,

 

 

Selene García Torreiro

Communication Trainee

 
   

 

 

 

 

 

Rue de la Loi, 38- bte2. 1040 Bruxelles

T. +32(0)2 234 69 29

      @FGaliciaEuropa 

      in.com/fundación-galicia-europa

      fundaciongaliciaeuropa.eu

 

AVISO IMPORTANTE: El contenido de esta comunicación, así como el de toda la documentación anexa, es confidencial y va dirigido únicamente al destinatario del mismo. En el supuesto de que usted no fuera el destinatario, le solicitamos que nos lo indique y no comunique su contenido a terceros, procediendo a su destrucción. Puede consultar información adicional y detallada sobre Protección de Datos en nuestra Política de Privacidad del sitio web www.fundaciongaliciaeuropa.eu

AVISO IMPORTANTE: O contido desta comunicación, así como o de toda a documentación adxunta, é confidencial e só se dirixe ao seu destinatario. No caso de que non fuches o destinatario, solicitámosche que nos indique e non comunique os seus contidos a terceiros, procedendo á súa destrución.  Podes consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Política de privacidade do sitio web www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Non o imprima se non é necesario. Protexamos o Medio  / No lo imprima si no es necesario. Protejamos el Medio.