Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario 2024: Proclamación provisional de resultados

Información xeral

20-05-2024

Bo día,

De acordo co calendario electoral, hoxe luns, 20 de maio de 2024 publicouse no taboleiro electrónico oficial a proclamación provisional de resultados. Poden consultarse na seguinte ligazón:  Detalles da publicación (uvigo.gal)

Prazo de presentación de reclamación

O prazo de reclamación abrangue do 21 ao 23 de maio de 2024 (ambos inclusive).

Neste período as persoas candidatas, proclamadas ou non, poderán presentar ante a Comisión Electoral un escrito razoado de reclamación. 

A presentación realizarase a  través da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase na seguinte ligazón e estará operativo a partir do martes, 21 de maio de 2024: SXER - Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións estudantado– Claustro (uvigo.gal)

Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en: