Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
TEATRO XXVI MITEU VIGO: mércores 15 de maio do 2024
Información cultural
15-05-2024 ata: 15-05-2024Ola, bo día
Rematamos coas representacións da XXVI MITEU DE VIGO: visítanos o grupo Maricastaña do Campus de Ourense
Organiza: Extensión Universitaria
DESEQUILIBRIOS. (Aula de Teatro Universitaria do Campus de Ourense. Grupo Maricastaña 2024)
Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo
Data : Mércores 15/05/2024
Hora: 18.30
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
O manicomio é o lugar onde van parar as persoas que son diferentes, que non encaixan nunha sociedade que busca o (seu) equilibrio para poder ter todo controlado de cara á produtividade.
O tolo, o desequilibrado, é recluído e tratado co fin de recuperarse para esa sociedade: non debe saír dos cánones establecidos.
Esta é unha historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura.
ELENCO
Nerea Rodríguez, Carmen Blanco, Miguel Estévez, Marisol Amoeiro, Lola Fernández, Antonio Praza, Gonzalo Otero,
Tatiana González, Iria Losada, Nuria Saco, Irene Pérez, Antonio Miranda, Iván Iglesias.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Iluminación, atrezzo e técnicos: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño.
Vestiario e complementos: Tegra.
Cartel e programa: Pablo Otero.
Música: Renata Codda Fons.
Dramaturxia, escenografía e dirección: Fernando Dacosta.
Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxvi-miteu-vigo-desequilibrios
Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2024.pdf
Reserva a data e comparte!!!!!!
- cartel [1283.38 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626