Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CICLO "A LINGUA GALEGA NO CINEMA" (6ª SESIÓN: (09/05/24)

Información cultural

09-05-2024 ata: 09-05-2024

Ola, bo día

Chegamos ao remate do  ciclo de cinema  “A LINGUA GALEGA NO CINEMA”.

Este ciclo, organizado pola Área de Normalización Linguística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de 6 sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.

Nesta sesión, adicada as curtametraxes, veremos diversos traballos con coloquio posterior a cargo  das persoas que as dirixiron.

     Xoves de comadres, Noemí Chantada (2020).
     Mentres iso pasa, Nacho Ozores (2020).
     Sandwich Cat, David Fidalgo (2022). 
     A rabia, Alberto Díaz (2022). 
     Nena, Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias (2023). 


Interveñen: a directora e os directores das curtametraxes.
Moderan: Aroa Vázquez, profesora da Universidade de Vigo, e Severiano Casalderrey, programador
de Imaxinaria.

Lugar: Auditorio do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (Edif. Cambón). R. da Oliva 3, Vigo

Data : 09/V/2024

Hora: 19.00

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/ciclo-lingua-galega-cinema-lingua-galega-curtametraxes

Programa completo do ciclo: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/lingua/novas/FOLLETO_Cinema_Galego_2024-1.pdf

 

Acompañádenos e axudádenos a difundir!