Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TEATRO XXVI MITEU VIGO: mércores 8 de maio do 2024

Información cultural

08-05-2024 hasta: 08-05-2024

Ola, bo día

 

Retomamos as representacións da  XXVI MITEU DE VIGO: visítanos a ESAD

Organiza: Extensión Universitaria

 

HÁMSTER. (Trifásico teatro. ESAD Galicia)

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

Data : Mércores 08/05/2024

Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

ELA é a femia. EL é o macho. Habitan un espazo que é seu e á vez que non escolleron, comen o que teñen ao seu alcance,

dan voltas procurando a súa propia identidade, actúan para unhas espectadoras que non decidiron ter e que nunca deixan de mirar.

Pasan os días en catividade, ela ansía saír ao exterior salvaxe e el fai desta gaiola o seu acomodo seguro.

Podes ser ti mesma nun lugar no que non escolliches estar? Quen somos cando ninguén nos mira?

Terá saída a súa gaiola?

 

ELENCO

Alba Lago e Álvaro Lourido.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Dirección artística: Natalia Feijoo

Autor: Santiago Cortegoso

Deseño de movemento: Trifásico Teatro

Deseño e técnica de iluminación: Anxo Outomuro

Espazo sonoro: Natalia Feijoo

Vestiario e caracterización: Trifásico Teatro

Colabora: ESAD de Galicia

 

Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxvi-miteu-vigo-hamster

Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2024.pdf

 

Reserva a data e comparte!!!!!!