Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Día de Europa. Convite á Mesa redonda sobre Universidades Europeas. 8 de maio

Internacionalización

26-04-2024 ata: 09-05-2024

Prezado alumnado:

Con motivo da celebración do Día de Europa e no marco da nosa Semana Internacional durante a que recibiremos o persoal de diferentes institucións socias de todo o mundo, a vicerreitoría de Internacionalización organizará o vindeiro día 8 de maio unha mesa redonda sobre as alianzas de Universidades Europeas: "HARMONISING HIGHER EDUCATION: INSIGHTS INTO EUROPEAN UNIVERSITIES (EUI)".

O evento terá lugar na Sala I do Edificio Miralles de 9.30 a 11.30 e será en inglés.  Contaremos coa presenza da vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo, e  Konstantinos Petridis, da Hellenic Mediterranean University (Grecia), universidade da alianza ATHENA á que pertence a UVigo, xunto con outras 9 institucións de educación superior europeas. Tamén nos acompañará Andrés Lois, representante do alumnado participante en ATHENA e Meritxell Chaves, en representación da alianza CHARM-EU e do grupo de universidades españolas que conforman a Iniciativa de Universidades Europeas.  

Animamos a toda a comunidade universitaria a unirse a este evento que será unha boa oportunidade para tratar o impacto que supón a pertenza á unha alianza europea como ATHENA para a nosa comunidade universitaria.

Pregamos rexistro previo a través desta ligazón antes do 1 de maio.

Saúdos cordiais,