Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo Formación en liña Web of Science (29 de abril-2 de maio de 2024)

Biblioteca

25-04-2024 ata: 03-05-2024

Entre o 29 de abril e o 2 de maio de 2024 terán lugar tres sesións do I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 3 sesións mensuais durante o primeiro semestre do ano, de 60 minutos de duración, dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

Sesións de abril-maio

Luns 29 de abril de 14:00 a 15:00 horas
Utilizar la información de mi perfil de investigador/a en Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

Martes 30 de abril de 14:00 a 15:00 horas
Aprovechar la red de citas de Web of Science para acotar mi búsqueda (nivel avanzado). Inscrición

Xoves 2 de mayo de 14:00 a 15:00 horas
Destapar información relevante con el índice de citas de Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

Para poder asistir ás sesións cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional. Non esqueza inscribirse cos datos persoais correctos, xa que os que utilice no rexistro serán os que aparezan no certificado de asistencia.

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA 

Ao finalizar cada sesión recibirá unha enquisa de satisfacción e, cando finalice este ciclo de formación, recibirá no correo institucional o certificado de asistencia que incluirá as formacións ás que teña asistido. Para recibir a enquisa e o certificado de asistencia, cómpre responder todas as cuestións formuladas en directo durante a sesión.

As presentacións e os vídeos estarán dispoñibles ao remate de cada sesión na web de FECYT.

Para obter máis información sobre os cursos, prema aquí.

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo