Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminarios web sobre como publicar con Wiley (primavera-verán 2024)

Biblioteca

24-04-2024 ata: 21-06-2024

Nas vindeiras semanas, Wiley ofrece seminarios web para autoras e autores. Neles darase unha visión xeral sobre o proceso de publicación, como a intelixencia artificial cambia o descubrimento da información, consellos sobre como comunicar a investigación e a importancia da revisión por pares.

Tamén se informará dos pasos para publicar en acceso aberto en Wiley, cunha breve introdución sobre o acordo de financiamento do acceso aberto asinado entre Wiley e CRUE-CSIC para 2024, no que participa a UVigo a través do CISUG.

Inscrición e datas:

Máis información:

Acordo transformativo con Wiley para publicar en aberto

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo