Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TEATRO XXVI MITEU VIGO: Martes 23 e mércores 24 de abril do 2024

Información cultural

23-04-2024 ata: 24-04-2024

Ola, bo día

O martes 23 e o mércores 24 de abril,  seguimos coas representacións da  XXVI MITEU DE VIGO: chega unha compañía de Colombia e a Aula de Vigo

Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2024.pdf

Organiza: Extensión Universitaria

 

Teatro: XXVI MITEU VIGO: martes 23 e mércores 24 de abril de 2024

 

TOMÁS “cuando el silencio es complicidad”. (Sin Mente Teatro. Colombia)

 

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

Data : Martes, 23/04/2024

Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

O sentimento de culpa é un verme que corroe a vida de "Ella". Foi testemuña dun escuro episodio na infancia do seu amigo Tomás, converténdose no escudo que amorteceu os traumas.

O seu silencio é unha condena que a fixo cómplice e o seu presente faise pesaroso polos recordos que a atormentan.

A través da linguaxe corporal, actoral, visual, musical e o manexo de monicreque, esta obra brinda ao espectador unha posta en escena cargada de imaxes e sensacións que transitan entre alegrías e penas.

 ELENCO

Diana Rocha Torres. Edna Rocío León. Diego Cañón.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Dirección: Germán Frasio Montegimeno.

Dramaturxia: Edna Rocío León Mahecha.

Arte: Annabelle Bruyas.

Vestiario: Mariana Castiblanco, Nacor Andrade.

Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxvi-miteu-vigo-tomas-cuando-silencio-es-complicidad

 

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN. (Aula de teatro do Campus de Vigo. Universidade de Vigo)

 

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

Data : Mércores 24/04/2024

Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Durante os días previos ás nupcias de Teseo e Hipólita, Herminia e Lisandro, dous mozos namorados, fuxiron da cidade para poder casar en segredo.

Nese bosque habitan seres máxicos, como Oberon e Titania, rei e raiña das fadas, que logo dunha das súas múltiples pelexas,

e grazas ao máxico elixir dunha bela flor, farán que toda a realidade se altere.

Desta maneira, os namorados namoraránse de quen non corresponde, e ata a mesma raiña das fadas acabará amando... a quen non debe.

ELENCO

Andrea Busto Castiñeira, Antón Abal Rúa, Aroa Blanco Escanciano, Azael Durán Alonso, Cecilia Jiménez López, Juan Diego Comesaña Lorenzo,

Laura Alonso Estévez, Laura Pousada Barrio, Lidia Gutiérrez Marín, Maria Luísa Fernández Arrabal, Miguel Rodríguez Carretero,

Natalia Sías Paramos, Sofía Fernández Cidrás, Yerai Orts Covelo.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Vestiario: Sonia Rúa.

Escenografia: Ningures.

Iluminación: Héctor Pazos.

Cartel: Diego Seixo.

Dirección: Casilda Alfaro e Sonia Rúa.

Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxvi-miteu-vigo-sono-dunha-noite-veran

 

Reserva as datas e comparte!!!!!!