Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CICLO "A LINGUA GALEGA NO CINEMA" (3ª PELÍCULA: (23/04/24)

Información cultural

23-04-2024 ata: 23-04-2024

Ola, bo día

Achegamos información da terceira película do  ciclo de cinema  “A LINGUA GALEGA NO CINEMA”.

Este ciclo, organizado pola Área de Normalización Linguística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de 6 sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.

Nesta sesión,  veremos a película: " A illa das mentiras",  con coloquio posterior a cargo dunha das súas protagonistas: Victoria Teijeiro.

 

A ILLA DAS MENTIRAS –  Paula Cons (2020)

Lugar: Auditorio do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (Edif. Cambón). R. da Oliva 3, Vigo

Data : 23/IV/2024

Hora: 19.00

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/ciclo-lingua-galega-cinema-lingua-historia

Programa completo do ciclo: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2024-04/FOLLETO_Cinema_Galego.pdf

Acompañádenos e axudádenos a difundir!