Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Verificación/modificación de títulos de grao 2025/2026

Información xeral

19-04-2024 ata: 04-05-2024

Exposición pública á comunidade universitaria das memorias iniciais e xustificativas de títulos de grao para a súa implantación no curso 2025/2026

Como parte do procedemento de tramitación de verificación e modificacións de títulos de grao para a súa implantación no curso 2025/2026, comunicase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as memorias iniciais dos seguintes títulos de grao:

  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Toda a información se pode consultar no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

Ábrese un prazo de presentación de alegacións que remata o vindeiro 04 de maio de 2024.

Atentamente,

Servizo de Xestión de Estudos de Grao

e-mail: verifica.grao@uvigo.es

Tlf: 986812287