Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PAS: Concurso - oposición Escala TSADI - I+D. Resolución final.

Información xeral

04-04-2024

Bo día:

Hoxe publícase, no taboleiro de anuncios da sede electrónica, a Resolución reitoral que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala I+D convocado por Resolución do 1 de decembro de 2022.

Presentación documentación do 5 ao 25 de abril do 2024.

O título académico pode acreditarse mediante o xustificante que se pode descargar da carpeta cidadá (https://carpetaciudadana.gob.es/carpeta/clave.htm), no apartado de títulos.