Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións representantes de estudantes ao Claustro Universitario: Convocatoria e censos provisionais

Información xeral

04-04-2024 ata: 31-05-2024

Bo día,

Comunícase que dende hoxe, 4 de abril de 2024 está publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade de Vigo a convocatoria de eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario da Universidade de Vigo.

Toda a información relacionada cos procesos electorais correspondentes de representantes de estudantes no Claustro Universitario poderá consultarse tamén na web da Uvigo, no enderezo: 

https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia/eleccions-ao-claustro

Censos provisionais:

De acordo co calendario electoral, hoxe xoves 4 de abril de 2024 publicáronse no taboleiro electrónico oficial os censos provisionais. Pode consultarse en: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=37285589 

O prazo de reclamacións, no seu caso, aos  ditos censos abrangue do venres, día 5 ao martes, día 9  de abril de 2024.

Tanto as reclamacións aos censos, como o exercicio do dereito de opción nos casos en que proceda, formularanse través do procedemento habilitado na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase nos seguintes enlaces:

ESTUDANTES: SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións estudantado - Claustro (uvigo.gal)