Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo Formación en liña Web of Science (2-4 de abril de 2024)

Biblioteca

22-03-2024 ata: 05-04-2024

Entre o 2 e o 4 de abril de 2024 terán lugar as sesións do mes de abril do I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 3 sesións mensuais durante o primeiro semestre do ano, de 60 minutos de duración, dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

Sesións de abril

Martes 2 de abril de 14:00 a 15:00 horas
Buscar y analizar las publicaciones de un autor/a en Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

Mércores 3 de abril de 14:00 a 15:00 horas
Buscar el perfil de un/a investigador/a en Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

Xoves 4 de abril de 14:00 a 15:00 horas
Gestionar mi perfil de investigador/a en Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA 

Para obter o certificado de asistencia será necesario responder, durante a xornada de formación, ao 100% dos cuestionarios que o personal formador lanzará durante as sesións. Posteriormente, enviarán unha enquisa de satisfacción e, ao cabo de tres semanas, recibirán no correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudan.

As xornadas poderán consultarse, pasados uns días, na web de FECYT e acceder ao material de formación ao día seguinte da celebración da xornada.

Para obter máis información sobre os cursos, prema aquí.

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo