Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión de formación en liña "Refworks en 45 minutos" (20 de marzo)

Biblioteca

16-03-2024 ata: 21-03-2024

O 20 de marzo de 2024 ás 10:00 horas terá lugar a sesión de formación en liña “Refworks en 45 minutos”, organizada por Clarivate.

RefWorks é un administrador persoal de referencias bibliográficas en liña que facilita a recompilación de información e a creación automática de citas e bibliografías en traballos académicos nun estilo normalizado. A sesión de formación durará 45 minutos e está dirixida a alumnado, profesorado e persoal bibliotecario.

Contido :

  • Como crear unha conta.
  • Como incorporar referencias e organizalas en carpetas.
  • Como escribir documentos a través dos complementos para Microsoft Word e Google Docs.

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta de correo da Universidade de Vigo. Inscrición aquí.

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe. As sesións serán gravadas e as persoas asistentes recibirán un certificado.

Para saber máis sobre Refworks:

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo