Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Entre o 12 e o 14 de marzo de 2024 terá lugar o I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 3 sesións mensuais durante o primeiro semestre do ano, de 60 minutos de duración, dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.
Sesións de marzo
Martes 12 de marzo de 14:00 a 15:00 horas
Utilizar operadores booleanos y guardar mis consultas en Web of Science (nivel básico). Inscrición
Mércores 13 de marzo de 14:00 a 15:00 horas
Utilizar Web of Science para identificar la bibliografía más relevante (nivel básico). Inscrición
Xoves 14 de marzo de 14:00 a 15:00 horas
De la búsqueda simple a la compleja en Web of Science (nivel avanzado). Inscrición
As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.
CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Para obter o certificado de asistencia será necesario responder, durante a xornada de formación, ao 100% dos cuestionarios que o personal formador lanzará durante as sesións. Posteriormente, enviarán unha enquisa de satisfacción e, ao cabo de tres semanas, recibirán no correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudan.
As xornadas poderán consultarse, pasados uns días, na web de FECYT e acceder ao material de formación ao día seguinte da celebración da xornada.
Para obter máis información sobre os cursos, prema aquí.
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@saibuvigo