Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Stella for Staff

Internacionalización

29-02-2024 ata: 20-03-2024

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa Stella for Staff do Grupo Compostela de Universidades (GCU).

Stella for Staff é un programa de mobilidade profesional dirixido ao persoal de xestión, técnico e de administración que ten como obxectivo promover os intercambios entre o persoal das entidades socias, entre as que se atopa a UVigo.

A oferta de prazas está publicada nesta ligazón. As estadías terán unha duración mínima de 7 e 15 días laborables e deberán realizarse entre xuño e decembro do 2024. O GCU concederá unha axuda económica de 1000 euros para o desprazamento. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 12.00 PM do 19 de marzo de 2024 (hora peninsular en España)

Consulta toda a información en: https://web.gcompostela.org/es/programa-stella-for-staff/