Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nova convocatoria europea CERV de proxectos

Información ao PDI

28-02-2024 ata: 28-02-2026

Prezado persoal docente e investigador:
Na Oficina de Proxectos Internacionais, área de educación, recibimos información sobre a apertura das seguintes tres convocatorias europeas de proxectos dentro do Programa Cidadanía, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) con importantes orzamentos:

Referencia da convocatoria: CERV-2024-CHILD. Prazo de peche: 26 de marzo de 2024, ás 17.00h. 
Esta convocatoria dispón dun orzamento de 12.000.000€ e ten por obxectivo apoiar, promover e aplicar políticas integrais de protección e promoción dos dereitos da infancia, incluído o dereito á participación. Responde ás necesidades e retos actuais dos nenos na UE, a través de 4 prioridades: saúde mental dos menores; incorporación da perspectiva dos dereitos da infancia nas accións nacionais e locais; compromiso e participación dos menores; comprender os dereitos democráticos que comezan na infancia. As actividades que poden ser financiadas son: aprendizaxe mutua, formacións, intercambio de boas prácticas, cooperación e traballo en rede; difusión e sensibilización, incluíndo redes sociais ou campañas en prensa; actividades de creación de capacidades e formación de autoridades nacionais, rexionais e locais; actividades formativas e sesións de sensibilización para nenos; deseño e implantación de protocolos, desenvolvemento de métodos de traballo e ferramentas. Duración dos proxectos: ata 24 meses. Mínimo de subvención solicitada por proxecto: 100.000. Financiamento UE: 90%; co-financiamento: 10%.
Acceso ao documento da convocatoria: https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/docs/2021-2027/cerv/wp-call/2024/call-fiche_cerv-2024-child_en.pdf

Referencia da convocatoria: CERV-2024-GE. Prazo de peche: 9 de abril de 2024, ás 17:00h.
O obxectivo desta convocatoria que dispón dun orzamento de 10.100.000€ é apoiar, promover e aplicar políticas integrais para promover os dereitos das mulleres, a igualdade de xénero, incluíndo a conciliación da vida laboral e familiar, a igualdade salarial entre mulleres e homes, o empoderamento das mulleres e a integración da perspectiva de xénero. A convocatoria dispón de 2 prioridades de proxectos: abordar as causas profundas da brecha de xénero nos coidados promovendo un enfoque transformador de xénero e desafiando os estereotipos de xénero; e apoiar a aplicación das disposicións da directiva europea de transparencia salarial. As actividades elixibles para a prioridade 1 son: deseño de novos enfoques para fomentar un modelo de dobre asalariado e dobre coidador e abordar os estereotipos de xénero; creación de capacidades e formación, incluídos os xestores de recursos humanos, representantes de autoridades públicas, interlocutores sociais e outras partes interesadas, incluídas as organizacións da sociedade civil; aprendizaxe mutua, intercambio de boas prácticas, cooperación entre diferentes actores; difusión de información e sensibilización, incluso vía redes sociais e campañas en prensa. Duración dos proxectos: entre 12 e 14 meses. Mínimo de subvención solicitada por proxecto baixo a prioridade 1: 100.000€. Financiamento UE: 90%; co-financiamento: 10%.
Acceso ao documento da convocatoria: https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/docs/2021-2027/cerv/wp-call/2024/call-fiche_cerv-2024-ge_en.pdf

Referencia da convocatoria: CERV-2024-DAPHNE. Prazo de peche: 24 de maio de 2024, ás 17.00h. 
Esta convocatoria, dividida en 4 prioridades e cun orzamento de 24.800.000€, pretende financiar proxectos que apoien o desenvolvemento de accións integradas a gran escala para loitar contra a violencia de xénero e lograr cambios estruturais e a longo prazo cunha ampla cobertura xeográfica; protexan e apoien ás vítimas e sobreviventes da violencia de xénero, incluídos os menores; impidan a violencia de xénero, no ámbito doméstico e na rede e que fagan que os sistemas integrados de protección infantil funcionen na práctica. Duración dos proxectos da prioridade 1: de 24 a 36 meses. Os das prioridades 2, 3 e 4: de 12 ata 24 meses. Para a prioridade 1 a subvención da UE solicitada non pode ser inferior a 1.000.000€ e superior a 2.500.000€  e para o resto de prioridades a subvención da UE solicitada non pode ser inferior a 100.000€ e superior a 1.000.000€.
Acceso ao documento da convocatoria: https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/docs/2021-2027/cerv/wp-call/2024/call-fiche_cerv-2024-daphne_en.pdf

Tamén no seguinte enlace: https://ec.europa.eu/newsroom/just/items/812714/en está rexistrada a sesión informativa da UE sobre estas novas convocatorias CERV-2024-DAPHNE e CERV-2024-GE coas presentacións realizadas por parte da Comisión Europea.

Na Oficina de Proxectos Internacionais, área de educación, a través do e-mail: dir.edu.opi@uvigo.gal, estamos a vosa disposición para o asesoramento e axuda que precisedes en relación coa presentación de proxectos a estas novas convocatorias, así como para solicitar a petición de adhesión institucional a unha nova proposta do programa europeo CERV.

Un saúdo moi cordial,
Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais Educativos.
Oficina de Proxectos Internacionais