Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Procedemento de admisión nos graos a través do recoñecemento de estudos cursados en sistemas educativos estranxeiros para o curso 2024/2025

Información xeral

01-03-2024 ata: 30-04-2024

Esta vía de admisión vai dirixida a quen, por ter estudos universitarios oficiais de sistemas educativos estranxeiros, se lle poida recoñecer un mínimo de 30 créditos nun dos graos ofertados pola Universidade de Vigo.

A persoa interesada poderá atoparse nunha das seguintes situacións:

  • Ter os estudos iniciados non concluídos.
  • Ter os estudos concluídos. Neste caso deberá cumprir unha das seguintes condicións:
    • Non ter solicitada a homologación do título en España (e declarar que non a vai solicitar nun futuro).
    • Ter resolta desfavorablemente a homologación polo ministerio.

O trámite iniciarase, a partir do día 1 de marzo, a través da sede electrónica (SGRA-Admisión por recoñecemento de estudos realizados no estranxeiro).

Quen obteña recoñecementos pero non unha das prazas ofertadas para esta vía de admisión, poderá intentalo a través do procedemento de preinscrición nos prazos establecidos pola Comisión interuniversitaria de Galicia na aplicación informática NERTA.