Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Aberta a 3ª Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global da Coordinadora Galega de ONGD

Información ao PDI

21-02-2024 ata: 07-04-2024

Aberta a 3ª Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

Informámosvos de que a  Coordinadora Galega de ONGD abriu o pasado 16 de febreiro a convocatoria da terceira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global coa vontade de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

 

Quen pode presentarse ao Premio?

Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.

Premiaranse 3 experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante o curso escolar 2022/2023 e/ou 2023/2024, correspondentes a 3 categorías:

  • Categoría A: Educación Infantil e Primaria.
  • Categoría B: E.S.O, Bacharelato, FP, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Artísticas.
  • Categoría C: Ensinanzas universitarias.

 

Novidade de interese

Esta edición o premio inclúe unha viaxe de 10 días a Guatemala cos gastos cubertos para 2 docentes de cada unha das iniciativas gañadoras en cada categoría, no que poder coñecer un proxecto de cooperación internacional e o traballo que realiza en terreo a Cooperación Galega.

 

Prazo e forma de presentación

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de abril de 2024 ás 23:59 horas. A solicitude deberá presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

Bases e máis información en

https://galiciasolidaria.org/terceira-edicion-premio-galego-de-educacion/