Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe

Formación de Profesorado

16-02-2024 ata: 03-05-2024

Comunicámoslle que o venres 16 de febreiro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe do Programa de Formación Permanente do Profesorado.

Trátase dun curso de 10 horas que se desenvolverá en modalidade virtual (síncrona e asíncrona).

Calendario:
A parte virtual síncrona (6 horas) impartirase a través do Campus remoto os días 28 e 30 de maio de 16 a 19 horas.
A parte virtual asíncrona (4 horas)  levarase a cabo a través da plataforma Moovi ata as 23:59 horas do 9 de xuño.

Pode ler o programa do curso aquí

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.